BLOG
Nós co 40aniversario da ASOCIACIÓN ÉRGUETE
Cando pensamos na posibilidade de facer os agasallos conmemorativos para o 40 aniversario de Érguete, unha imaxe viunos as cabezas: A das Nais que, xeración tras xeración, seguen a loitar por sacar adiante ás súas fillas e fillos. Todas esas Mulleres ás que Érguete homenaxea nos seus 40 anos de traxectoria.
Somos plenamente conscientes do seu Amor incondicional, do seu cotiá na convivencia coas conductas aditivas. Visualizamos o fío vermello que une ás persoas e, sobre todo, ás Nais coa súa prole, ás Avoas, ás Bisavoas, ás Irmás, ás Mulleres…
Hai persoas que están destinadas a compartir as súas vidas e non existe nada que poida impedilo. O fío se estirará até o infinito, pero nunca se romperá.
A escenificación da súa loita ten un material icónico, o tecido de saba. Igual que as Nais arxentinas da Praza do 2 de Maio, e igual que tantas outras, as Nais da droga fixeron as súas pancartas sobre tea de saba, escribindo a man as súas proclamas. Da igual
que traballaran fóra, na casa, ou nos dous sitios [que era i é o máis habitual], as súas ferramentas de loita emocionais foron a axuda permanente, unha axuda proactiva, efectiva, sen falsas expectativas, unha axuda incansable e unha loita descarnada. As súas ferramentas materiais, as protestas, as pancartas, a unión e a forza da colectividade.
Este tecido de saba é tamén un elemento moi próximo a LA CANALLA, con el temos feito accións de memoria téxtil en museos, institucións, asociacións, etc. poñendo en valor esa memoria, o oficio da costura, os traballos das mulleres.

Falamos moito en pasado pois estes 40 anos de Érguete serven de homenaxe a esas Nais que iniciaron a loita.
Estes 40 anos representan a todas as Carmen Avendaño que puxéronse ao fronte da loita pola liberación da escravitude das adiccións.
Falando con Elvira e con Javi por segunda vez sobre isto, coas cousas máis asentadas e a expo homenaxe no MARCO a un mes vista, propuxéronnos utilizar de base para os regalos conmemorativos unha das sabas das NAIS…Nais en loita, pero sempre cun
sorriso, Nais unidas, fortes, vitais…
A proposta foi despezar a saba en 55 pequenos cadros, que a nós gústanos chamar: Os Cadros da Memoria NAI
Sendo realistas, o evento adecuado para ter estes presentes listos e entregalos sería a Gala do 2 de Outubro na Sala Teatro Afundación.
O que se nos ocorreu foi que estes 55 cadros estiveran colgados da parede o día da Gala, formando a bandeira orixinal. Unha retícula de 55 retales dunha das sabas que utilizaron as NAIS para saír ás rúas e defender as súas reivindicacións, escritas por elas
sobre o lenzo en branco. Unha vez máis todas xuntas, individuais pero formando un todo, coma as Nais, coma os valores de Érguete e os nosos. Desa parede irán pasando ás mans e ás vidas de cada Nai, de cada persoa de interese.
Esta retícula máis o panel de fondo coa tea da memoria que propuxemos para a exposición do MARCO, completan a homenaxe á forza das NAIS, á traxectoria da Asociación Érguete, ao valor das persoas que seguen a traballar por axudar e das persoas usuarias da Asociación.
Seguindo as pautas que usamos en LA CANALLA para as accións de #LACANALLAmemoriatextil , cedimos a idea a ÉRGUETE para a súa expo homenaxe de 40 anos no Museo Marco de Vigo , pedindolles ás persoas asistentes que escribiran sobre unha tea de saba os valores que asociaban coa Asociación, as Nais, elas mesmas…

Con esta filosofía, a da loita das Nais e os obxectos cotiás, a unión, o desperdicio cero, o deseño sen xénero, a artesanía, o oficio da costura, o feito en Vigo, facemos a proposta de deseño dos obxectos conmemorativos do 40 Aniversario da Asociación Érguete
Son pezas únicas, de ecodeseño, de edición limitada e feitas artesanalmente no noso obradoiro de Vigo [onde naceu Érguete e de onde somos nós]
As etiquetas de valor
Eco-deseño, artesanal,
supra-reciclado, desperdicio cero, sen xénero, serie limitada, atemporal, feito en Vigo, feito en Galicia,
LA CANALLA, Artesanía de Galicia
O valor emocional
As súas pancartas de tea de saba son historia viva, representan a loita das NAIS contra as adicións,
o engrenaxe mafioso que as rodea, a forza da unión…
Partimos da Pancarta: Érguete contra o Narcotráfico Sentencias Justas
Asociación de Axuda os Toxicómanos

As primeiras ideas de deseño
Decidimos escribir sobre cada pano o seu número de serie, como faise nos gravados artísticos.
Estampamos o logo de ÉRGUETE 40aniversario, 1985-2025 en serigrafía mais os logos de LA CANALLA
e ARTESAÍA DE GALICIA
Nos cadros reservados ás NAIS, bordamos GRAZAS!!! en fío de bordar vermello ou azul, dependendo do fondo

O Packaging
Fixemos tamén partícipes ás persoas usuarias e confeccionaron, nun dos cursos bagsUP que impartimos dende 2023, saquiños da mesma pancarta da que fixemos os Cadros da Memoria Nai.



ASÍ PECHAMOS O CÍRCULO 🙂